Marisa
O Señor dos Aneis, de Tolkien;  Cairo Branco, de Jack London;  A escura luz do Tíber, de Lola Gándara;  O príncipe da brétema, de Carlos Ruíz Zafón;  A volta ao mundo en 80 días, de Jules Verne; Carne de pedra, de Cornelia Funke... Libros clásicos e actuais para que poidas elixir.   
Mira de que trata cada un e anímate a lelos. Están a agardarte na biblioteca. Pasarás momentos inesquecibles.


Marisa
Exercicios para identificar os adxectivos cualificativos, as súas distintas clases e os graos do adxectivo.

Marisa
Atréveste co seguinte Pasapalabra?
Poñerás a proba os teus coñecementos do que levamos dado e a túa rapidez para resolver as cuestións que se propoñen, pois tes un tempo limitado de sete minutos para resolvelas.
Ponte cómodo, concéntrate e ADIANTE!



Marisa
Actividades sobre o vocabulario do tema 3


Marisa
Comproba o que sabes  premendo no debuxo e facendo o cuestionario sobre os distintos apartados do tema 3.
Cuestionario 3
Marisa
Curtamatraxe galega de animación en plastilina baseada nun relato do libro A lus do candil, de Anxel Fole e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. (de Flocos.tv)

Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.


Marisa
Hoxe toca traballar sobre o xénero dos substantivos. Non esquezas que debes estudar o tema antes de facer as tarefas e poñer moita atención na súa realización.


Marisa
Coas seguintes actividades poderás repasar o vocabulario do tema 3 sobre "A saúde".
Para visualizar na súa totalidade algunhas das actividades debes ter maximizado o libro, para o que deberás premer na icona que aparece na parte superior dereita de cada páxina.

Marisa
 Preme na seguinte ligazón e comproba o que sabes do tema.

http://dl.dropbox.com/u/13228951/cuestionario1.htm
Marisa
Repasa e amplía o vocabulario sobre o corpo facendo as seguintes actividades


Marisa
Para non ter problemas de ortografía, repásaa facendo os exercicios deste programa feito por José M. Boo Pouso. Ten máis de mil palabras de uso común.
Non tes máis que premer no debuxo e adicarlle algún tempo de cando en vez.

Marisa
Interesante web onde atoparás consellos para aprender a organizarte nos estudos. Bótalle unha ollada. Seguro que che servirá para levar mellor o curso.