Marisa
Xa estamos a piques de comezar as vacacións e con elas o tempo no que podemos gozar máis da lectura, de retomar ese libro que quedou pendente por falta de tempo e que está a agardarnos. Na praia, no momento da sesta, ao deitarse, ese día que chove... calquera momento é bo para ler e así mergullarse de cabeza nunha gran aventura, nunha historia de amor, resolver un caso misterioso...

Dende aquí queremos facervos as suxestións dunhas novelas que seguro que vos farán pasar moi bos momentos. Para saber de que vai cada unha e quen é o autor, só tedes que premer no título.


Marisa
Fai o seguinte cuestionario e comproba o que sabes dos últimos temas que estivemos a dar. Lembra que antes debes repasar o vocabulario e a teoría.



Marisa
Verbos e máis verbos, e polo medio algún que outro adverbio.
Repite a actividade moitas veces, comproba no que fallas e repasa aqueles aspectos nos que ti ves que tes máis dificultade. Ánimo! verás como só é cuestión de botarlle ganas.

Marisa
Presentación sobre o xénero teatral, para que poidades estudar máis facilmente o último tema de  literatura que entra no exame.
Marisa
 Actividades para repasar os verbos. Le con  atención os enunciados e contesta coidando a ortografía.

Marisa
Para conmemorar a semana das Letras Galegas, presentámosvos esta Caza do tesouro,  actividade que vos achegará aínda máis á figura de Lois Pereiro. Para realizala podédesvos valer das webs que se vos propoñen na mesma páxina, ou doutras das innumerables que están a aparecer nestas datas. Entra con ganas e...  mans á obra!

Marisa
Este ano dedícaselle a Lois Pereiro o Día das Letras Galegas. Dende aquí propoñémosche esta lectura para asomarte un pouquiño a súa vida e poesía.

Marisa
Comproba o que sabes do tema contestando ás preguntas do seguinte cuestionario.

Marisa
Actividades para repasar o vocabulario do tema 9. Lembra que para visualizar a pantalla completa debes premer na icona que aparece na parte superior dereita.

Marisa
Para afacernos a definir e lembrar cousas que demos, nas clases tamén fixemos os nosos pasapalabras. Os que veñen a continuación son unha pequena mostra. Anímaste a contestalos?



Marisa
 Despois de ler os textos, así os imaxinamos 

Marisa
Fai as actividades seguintes para repasar o vocabulario do tema 8 "A forma de ser" e as palabras homófonas

Marisa
Descrición de persoas
Escolle unha das seguintes fotografías e fai unha descrición do personaxe. Podes axudarte dos adxectivos que aparecen na presentación da descrición.


Marisa
Actividade: A descrición de espazos.
A descrición



Fíxate no cadro que aparece na segunda diapositiva da presentación anterior. Titúlase "O cuarto" e está pintado por Vicent Van Gogh (1853-1890). É unha das súas pinturas máis coñecidas e representa o seu dormitorio en Arlés, o primeiro cuarto propio que tiña. Pintouno antes da chegada a esa cidade de Gauguin, outro gran pintor amigo seu.
Fíxate nas pautas que debes seguir para a descrición de lugares, que aparecen nesa mesma diapositiva,  e elabora un texto descritivo sobre ese cadro, que deberás entregar mañá. (Se queres velo a maior tamaño, preme primeiro en menú e logo en View Fullscreen)
Marisa
Actividades para repasar determinantes e pronomes, especialmente pronomes persoais.



Marisa
Ponte a proba. Demostra os teus coñecementos e a túa rapidez con este novo Pasapalabra.Todas as palabras pertencen a conceptos ou vocabulario que tiveches que estudar  nestes últimos temas. Lembra que tes un tempo limitado de sete minutos para facelo polo que non debes despistarte. Inténtao tantas veces como queiras: servirache para repasar para o  próximo exame.

Marisa
Álvaro Cunqueiro é un dos escritores máis importantes da historia da literatura galega. Nas súas novelas mestura mundos imaxinarios e reais poboados de personaxes coma magos, trasnos, demos...

Entra no seu universo asombroso e coñece algúns dos seus personaxes fantásticos: o Gatipedro, o gato que fai mexar aos nenos cando dormen; Alistán, o demo que necesita comer ovos para sandar da súa doenza; Saltaparedes, de pel lisa e amarela como a codia do queixo San Simón; o Velagullas, o trasno que axudaba aos xastres e costureiras…

Despois de ler, bótalle tamén ti imaxinación e anímate a debuxalos.


A seguinte curtametraxe, animación en plastilina, é a recreación que de Alistán, o demo oveiro fan  Virginia Curiá e Tomás Conde ( de Cine Galego Na Rede) . Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido. 

 Preme na seguinte ligazón para vela:  Alistán, o demo oveiro

Marisa
Actividades para repasar o vocabulario das prendas de vestir.

Marisa
Cuestionario  centrado na parte de vocabulario relacionado coas comidas e na parte de gramática dos determinantes. Lembra que antes de facelo debes estudar a teoría.

Marisa
Repasa e amplía o vocabulario do tema 5 sobre "As comidas".
Marisa
Despois de estudar os contidos dos distintos apartados do tema 5, comproba o que sabes contestando ás preguntas do seguinte cuestionario
Cuestionario 5
Marisa
Así somos

Os abecegramas son frases nas que cada palabra empeza sucesivamente por cada unha das letras do alfabeto. Así, a primeira empezará pola A,  a seguinte por B, e así ata a última, que empezará por Z.
Nós fixémolo un pouco máis doado; Buscamos un adxectivo que comezase por cada unha das letras do abecedario para describirmos. Tomamos un pouco a broma os nosos defectos (sobre todo) e as nosas virtudes.  E seguro que en cada un deles hai algo de verdade e algo de  mentira sobre nós mesmos.







Marisa
 Relato curto  de Daniel R. Castelao  no  que reflicte o drama da emigración  a través dos ollos dun neno que agarda a volta do seu pai das Américas.



Tamén podes ver a curtamatraxe  dirixida por Miguel Castelo  baseada neste mesmo relato . (de Cine Galego Na Rede).
No momento de iniciar a súa viaxe á emigración europea, un mozo rememora unha pasaxe da súa nenez: a ilusión coa que agardara a volta do seu pai das "Américas”. Migueliño tiña idealizada a imaxe do seu pai no seu mundo infantil.

Preme na seguinte ligazón:   O pai de Migueliño