Marisa
Álvaro Cunqueiro é un dos escritores máis importantes da historia da literatura galega. Nas súas novelas mestura mundos imaxinarios e reais poboados de personaxes coma magos, trasnos, demos...

Entra no seu universo asombroso e coñece algúns dos seus personaxes fantásticos: o Gatipedro, o gato que fai mexar aos nenos cando dormen; Alistán, o demo que necesita comer ovos para sandar da súa doenza; Saltaparedes, de pel lisa e amarela como a codia do queixo San Simón; o Velagullas, o trasno que axudaba aos xastres e costureiras…

Despois de ler, bótalle tamén ti imaxinación e anímate a debuxalos.


A seguinte curtametraxe, animación en plastilina, é a recreación que de Alistán, o demo oveiro fan  Virginia Curiá e Tomás Conde ( de Cine Galego Na Rede) . Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido. 

 Preme na seguinte ligazón para vela:  Alistán, o demo oveiro

0 Responses

Postar um comentário