Marisa
Descrición de persoas
Escolle unha das seguintes fotografías e fai unha descrición do personaxe. Podes axudarte dos adxectivos que aparecen na presentación da descrición.


Marisa
Actividade: A descrición de espazos.
A descrición



Fíxate no cadro que aparece na segunda diapositiva da presentación anterior. Titúlase "O cuarto" e está pintado por Vicent Van Gogh (1853-1890). É unha das súas pinturas máis coñecidas e representa o seu dormitorio en Arlés, o primeiro cuarto propio que tiña. Pintouno antes da chegada a esa cidade de Gauguin, outro gran pintor amigo seu.
Fíxate nas pautas que debes seguir para a descrición de lugares, que aparecen nesa mesma diapositiva,  e elabora un texto descritivo sobre ese cadro, que deberás entregar mañá. (Se queres velo a maior tamaño, preme primeiro en menú e logo en View Fullscreen)
Marisa
Actividades para repasar determinantes e pronomes, especialmente pronomes persoais.



Marisa
Ponte a proba. Demostra os teus coñecementos e a túa rapidez con este novo Pasapalabra.Todas as palabras pertencen a conceptos ou vocabulario que tiveches que estudar  nestes últimos temas. Lembra que tes un tempo limitado de sete minutos para facelo polo que non debes despistarte. Inténtao tantas veces como queiras: servirache para repasar para o  próximo exame.