Marisa
Xa estamos a piques de comezar as vacacións e con elas o tempo no que podemos gozar máis da lectura, de retomar ese libro que quedou pendente por falta de tempo e que está a agardarnos. Na praia, no momento da sesta, ao deitarse, ese día que chove... calquera momento é bo para ler e así mergullarse de cabeza nunha gran aventura, nunha historia de amor, resolver un caso misterioso...

Dende aquí queremos facervos as suxestións dunhas novelas que seguro que vos farán pasar moi bos momentos. Para saber de que vai cada unha e quen é o autor, só tedes que premer no título.


Marisa
Fai o seguinte cuestionario e comproba o que sabes dos últimos temas que estivemos a dar. Lembra que antes debes repasar o vocabulario e a teoría.



Marisa
Verbos e máis verbos, e polo medio algún que outro adverbio.
Repite a actividade moitas veces, comproba no que fallas e repasa aqueles aspectos nos que ti ves que tes máis dificultade. Ánimo! verás como só é cuestión de botarlle ganas.

Marisa
Presentación sobre o xénero teatral, para que poidades estudar máis facilmente o último tema de  literatura que entra no exame.